Friday 03 de May de 2024

Festa por todo o alto na Alameda de Ordes para os nenos e nenas das actividades de conciliación


A Alameda de Ordes encheuse de actividades e atraccións infantís para celebrar a clausura da primeira parte das actividades de conciliación. Máis dun cento de nenos e nenas recibiron os seus diplomas, así como outros agasallos, de mans do alcalde e da concelleira de Cultura, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García. Bailes, inchables, xogos en grupo, globoflexia e moito máis para unha xornada marcada polaa diversión e o compañeirismo.